DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 3 de xullo de 2025 Páx. 37182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada nos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño (expediente IN407A 2024/43-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA CAS805 no treito entre os apoios núm. D23-23 e núm. D23-23-6, nas casas do concellos de Cartelle e Castrelo de Miño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 13 de xuño de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/43-3.

Instalación: Regulamentación da LMTA CAS805 no treito entre os apoios núm. D23-23 e núm. D23-23-6.

Concellos: Cartelle e Castrelo de Miño.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Monte Serra

32023A076001220000HU

CMVMC da Serra

Casa do Concello de Castrelo de Miño

23.9.2025

13.30

2

Vila da Loba

32021A524000010000UE

CMVMC Os Pereiros

Casa do Concello de Cartelle

23.9.2025

12.30

3

Vila da Loba

32021A524000070000UA

CMVMC Os Pereiros

Casa do Concello de Cartelle

23.9.2025

12.30

4

Vila da Loba

32021A524000070000UA

CMVMC Os Pereiros

Casa do Concello de Cartelle

23.9.2025

12.30