De conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015 e existindo diferentes receptores, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 19 de xuño de 2025
Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto de notificación |
|
9/25 |
53302115Y |
Acordo de inicio |
