DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 4 de xullo de 2025 Páx. 37381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT e CT As Sobráns.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT e CT As Sobráns, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 19 de xuño de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/057-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT e CT As Sobráns.

Concello: Meaño.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

9

36027A056000480000ML

Manuel Lema Besada

2025/54/189