De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 21 de marzo de 2025 (BOE do 7 de abril), para a provisión da praza número 25/007, de catedrática de universidade da área de coñecemento de Filoloxía Galega e Portuguesa, Departamento de Letras desta universidade, a favor de María Teresa López Fernández, con DNI núm. ***6091**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria, esta reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e as demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Teresa López Fernández catedrática de universidade da área de coñecemento de Filoloxía Galega e Portuguesa, Departamento de Letras desta universidade.
No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 26 de xuño de 2026
Ricardo José Cao Abad
Reitor da Universidade da Coruña
