DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xuño de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Pedrapiñeira a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fornelos da Ribeira, na parroquia de Salvaterra, concello de Salvaterra de Miño.

En aplicación do artigo 23.2 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáselle publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acadado na sesión do 28 de maio de 2025, en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Salvaterra

Nome do monte: Pedrapiñeira

Cabida: 595 m2.

Ref. catastral: case toda a parcela catastral 36050A01400196 e parte da 36050A01409102.

Lindeiros:

Lindeiros:

Norte

Luis Estévez Merino

Camiño

Fernando Dos Santos Araujo

Sur

Enriqueta Domínguez Bugarín

José Durán Campos

Leste

Camiño

Enriqueta Domínguez Bugarín

Oeste

Ángela Rodríguez Groba

Dolores Ojea Vilas

Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 19 de xuño de 2025

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor