DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2025/00157 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teráselles por desistidos da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 19 de xuño de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2025/00157

78807612K

PO-2025/00157

39457014P

PO-2025/00338

166053517

PO-2025/00338

39462909S

PO-2025/00355

53197480K

PO-2025/00355

39487018C

PO-2025/00413

35599372H

PO-2025/00413

35491820Z

PO-2025/00451

34627844X

PO-2025/00451

186945146