DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 7 de xullo de 2025 Páx. 37814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de denegación da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2025/00374 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de denegación da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A resolución dos expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que poidan consultala nas dependencias do Departamento Territorial da Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Tal resolución non esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra ela recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.

Pontevedra, 19 de xuño de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2025/00374

Y9649029Z

PO-2025/00374

BA851187

PO-2025/00425

53172409C

PO-2025/00425

D236912