A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral regula no seu artigo 16 a composición e procedemento de nomeamento das persoas vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
Conforme o previsto na devandita lei, realizouse proposta de designación dun representante titular, por parte da organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG).
En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único. Nomeamento de vogal
Por proposta da organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG), en calidade de titular, disponse o nomeamento de Francisco Xabier Cartelle Pérez en substitución de Xulia González Pascual.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
