DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 23 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se empraza aos interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 117/2025, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 117/2025, en relación coa Resolución do 4 de outubro de 2024 (DOG núm. 194, do 8 de outubro) pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades e a Resolución do 21 de outubro de 2024 (DOG núm. 206, do 24 de outubro) pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades; en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), escala de ciencias, especialidade física.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal