DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo de dúas prazas de técnico/a de xestión.

O Concello de Arteixo aprobou a Resolución 1272/2025, do 12 de maio, referente á convocatoria e ás bases do proceso selectivo de dúas prazas de técnico/a de xestión.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 92, do 16 de maio de 2025, publicáronse a convocatoria e as bases do proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, para a cobertura en propiedade, como persoal funcionario de carreira, de dúas prazas de técnico/a de xestión, en quenda restrinxida de promoción interna, incluídas na OEP de 2025.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 6 de xuño de 2025

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente