DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 8 de xullo de 2025 Páx. 38101

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de modificación de usos do equipamento dotacional denominado Dotación 01.

Conforme o disposto no artigo 88 en relación co artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública o Acordo adoptado en sesión plenaria do 9 de maio de 2025 polo que se aproba a modificación do uso permitido na Dotación-01 do PXOM do concello de Coles, conforme o seguinte:

Uso orixinal

Uso modificado

Sanitario-asistencial

Sanitario-asistencial e deportivo

Coles, 30 de xuño de 2025

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde