De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 23 de xuño de 2025 sobre o proxecto de interese autonómico de modernización, mellora e ampliación do proceso produtivo e loxístico do centro de procesado avícola de Coren en Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE2988).
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
