DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 9 de xullo de 2025 Páx. 38405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de xuño de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Ribeira (expediente DH.V15.108691).

En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Galp Energía España, S.A.U.

NIF: A28559573.

Expediente: DH.V15.108691.

Lugar: Porto de Ribeira.

Parroquia: Ribeira.

Concello: Ribeira.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual: 50,275 m3/ano.

Punto de vertedura: X=501.021; Y=4.711.919.

Medio receptor: ría de Arousa.

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona de descarga de combustible son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I de 1,5 L/s de capacidade antes da súa vertedura á ría de Arousa mediante condución de PVC de 160 mm de diámetro.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras