DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 9 de xullo de 2025 Páx. 38336

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 2 de xullo de 2025 pola que se convocan bolsas de formación en unidades e áreas dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2025/26.

BDNS (Identif.) 844082.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/844082

Primeiro. Persoas beneficiarias

Estudantado que está matriculado en centros propios no curso 2025/26 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa.

Segundo. Obxecto

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de formación en unidades e áreas dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2025/26.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de oitenta e un mil oitocentos corenta e seis euros con sesenta céntimos (81.846,60 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 3 ata o 31 de xullo de 2025.

Vigo, 2 de xullo de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade