Na sesión que tivo lugar o 3 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de condución, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 6 de novembro de 2024 (DOG núm. 215, do 7 de novembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de condución.
Como consecuencia da estimación dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación da seguinte persoa aspirante:
Casas Pérez, Ángel, con DNI ***0458**
Segundo. A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Terceiro. Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2024 (DOG núm. 237, do 10 de decembro), este tribunal acordou facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de condución.
Cuarto. Como consecuencia da modificación da baremación definitiva, este tribunal acorda facer pública como anexo a esta resolución unha nova relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de condución, que modifica a Resolución do 9 de decembro de 2024 (DOG núm. 237, do 10 de decembro).
Quinto. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, aquelas persoas aspirantes que superan os procesos selectivos que non estaban incluídas na resolución do punto terceiro disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente. Aquelas persoas aspirantes que xa presentaron a documentación non terán que volver presentala.
Sexto. Elevar a devandita modificación da relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025
Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: C1 (concurso).
Corpo/categoría: corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de condución (209H).
Prazas acceso libre: 18.
Prazas acceso base I.1.1: 0.
|
Núm. orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***4673** |
Diz Pérez, José Alberto |
Libre |
97,20 |
|
2 |
***7544** |
Ferro de la Fuente, Manuel Ángel |
Libre |
96,00 |
|
3 |
***0458** |
Casas Pérez, Ángel |
Libre |
95,00 |
|
4 |
***0653** |
Bravo Portela, Javier |
Libre |
90,00 |
|
5 |
***5121** |
González de Dios, José Manuel |
Libre |
88,00 |
|
6 |
***5328** |
Álvarez Rodríguez, José Ramón |
Libre |
86,10 |
|
7 |
***7334** |
Pérez Gómez, Sem |
Libre |
84,70 |
|
8 |
***7769** |
Mallo Pestana, Manuel |
Libre |
84,64 |
|
9 |
***8804** |
Costa Iglesias, José Carlos |
Libre |
80,80 |
|
10 |
***5319** |
Sio Álvarez, Mariano Antonio |
Libre |
80,10 |
|
11 |
***6994** |
Vila Bastero, Miguel |
Libre |
79,48 |
|
12 |
***3231** |
Canto Vázquez, Arturo José |
Libre |
76,80 |
|
13 |
***6450** |
Cobas Pazos, Marcial |
Libre |
76,70 |
|
14 |
***1683** |
Álvarez Peiteado, Juan Ignacio |
Libre |
76,20 |
|
15 |
***6704** |
Seijas Rodríguez, Luis Fernando |
Libre |
75,52 |
|
16 |
***7791** |
Calo González, Alberto |
Libre |
73,82 |
|
17 |
***7144** |
Varela Feros, Manuel |
Libre |
73,40 |
|
18 |
***7903** |
González Carracedo, Álvaro |
Libre |
72,10 |
