DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 11 de xullo de 2025 Páx. 39172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 20 de xuño de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2025/014-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Regulamentación da LAMT BDV801 A Rúa 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.

Situación: concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMT BDV801 A Rúa 1, dos apoios números CLBCJR18//12, CLAAMIJ0//13 e CL7V39VQ//14 por novos apoios de celosía metálica do tipo C-12/2000, C-12/2000 e C-16/2000, respectivamente.

• Instalación dun novo condutor LA-56, en substitución do existente, nos seguintes tramos: 167 m entre os apoios proxectados núm.CLBCJR18//12 e núm.CL7V39VQ//14, e 16 m entre o apoio proxectado núm. CL7V39VQ//14 e o apoio existente núm.CL85B5GW//14-1.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado núm. LE-1010 do COIILE, o 13.9.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1-3º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 20 de xuño de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2025/014-3.

Situación: concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.

Denominación: Regulamentación da LAMT BDV801 A Rúa 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.

Concello do Barco de Valdeorras

Predio núm. en proxecto: 1.

Referencia catastral: 32010A020005840000XA.

Lugar: Granxa.

Cultivo: labor.

Titular: Pilar del Prado.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 12.

Predio núm. en proxecto: 2.

Referencia catastral: 32010A020005690000XX.

Lugar: Granxa.

Cultivo: viñedo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 13.

Concello de Vilamartín de Valdeorras

Predio núm. en proxecto: 3.

Referencia catastral: 32089A021025300000QU.

Lugar: Val do Carballo.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 1.