Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación CBL708B, substitución do apoio A002FGHG//C0-8-1, no concello de Carballo (expediente IN407A 2023/92-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 26 de xuño de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/92-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación CBL708B, substitución do apoio A002FGHG//C0-8-1.
Concello: Carballo.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
Ponte Rosende |
15044A015012610000ET |
Herdeiros de Consuelo Ponte Muñiz |
7.7.2025 |
