DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39473

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 7 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2025 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes (código de procedemento TU985F).

BDNS (Identif.): 845611.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/845611

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto é a concesión de axudas do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 7 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2025 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes (código de procedemento TU985F).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un crédito de 1.000.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.480.0, proxecto 2015 00006, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025.

Quinto. Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonoturismo.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde as 9.00 horas do día 18 de xullo ata o 19 de decembro de 2025 e a súa validez estenderase desde o 15 de setembro ata o 25 de decembro de 2025 (ambos incluídos).

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia