DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39521

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (SGG).

Pola Resolución do 6 de febreiro de 2024 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro) convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (SGG).

Examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, a Comisión de Valoración, na súa reunión do día 26 de xuño de 2025, acordou elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a proposta definitiva de resolución do concurso.

Debido a que existen postos adxudicados que están ocupados provisionalmente por persoal funcionario que superou os últimos procesos selectivos convocados, para asegurar a continuidade na prestación de servizos, cómpre diferir os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata a data en que estes funcionarios elixan destino definitivo e poidan tomar posesión del.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas polo artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, e de conformidade co previsto na base IX.5 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar e facer públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Segundo. Diferir os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

Terceiro. De acordo co disposto na base X da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que se poderá optar entre os dous postos adxudicados.

Neste caso, as persoas funcionarias adxudicatarias están obrigadas a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no prazo dos tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abran os prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Adxudicación de postos

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Puntos

3

PE.C99.10.910.15001.011

Patrón/oa

PE

A Coruña

18

Ageitos

Sampedro

José Manuel

***3439**

C

12.455

60

PE.C99.30.010.36001.010

Patrón/oa

PE

Pontevedra

18

Cons

Remiseiro

Javier

***1529**

C

10.905

28

PE.C99.10.910.27650.006

Subinspector/a

PE

Viveiro

16

Fernández

Mera

Juan Antonio

***4268**

C

7.155

82

PE.C99.10.910.15001.012

Patrón/oa

PE

A Coruña

18

Ferreiro

Uriz

Carlos

***6366**

C

9.665

2

PE.C99.10.910.15001.003

Posto segunda actividade

PE

A Coruña

20

García

Pérez

Juan Manuel

***6743**

C

15.961

66

PE.C99.30.010.36590.003

Posto segunda actividade

PE

Vilagarcía de Arousa

20

García

Bugallo

Juan Ginés

***4581**

C

16.573

35

PE.C99.10.910.36560.008

Subinspector/a

PE

Vigo

16

Gómez

Figueroa

Sergio

***8875**

C

21.865

1

PE.C01.00.001.15770.035

Posto segunda actividade

PE

Santiago de Compostela

20

Martínez

Veloso

Adelino

***5851**

C

19.392

104

PE.C99.30.010.36590.001

Xefatura unidade operativa

PE

Vilagarcia de Arousa

22

Muñiz

Torrado

Emilio

***5380**

C

20.158

23

PE.C99.10.910.15700.030

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Porto do Son

14

Pais

Lestayo

Severino

***6970**

C

12.705

90

PE.C99.10.910.15510.001

Xefatura unidade operativa

PE

Muxía

22

Pando

Caldelas

Francisco Jose

***3710**

C

18.400

16

PE.C99.10.910.15700.001

Xefatura unidade operativa

PE

Porto do Son

22

Piñeiro

Pouso

Ramón Javier

***7419**

C

21.649

47

PE.C99.30.010.15350.030

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Ferrol

14

Romay

Silgo

Alfonso

***7679**

C

9.025

42

PE.C99.30.010.15350.001

Xefatura unidade operativa

PE

Ferrol

22

Romero

Lojo

José Emilio

***1757**

C

21.453

79

PE.C01.00.001.15770.057

Subinspector/a

PE

Santiago de Compostela

16

Veiga

Alende

Casto José

***1597**

C

16.069

Os códigos de postos de traballo que figuran na relación de prazas adxudicadas correspóndense cos ofertados na resolución de convocatoria de concurso.

Relación de consellerías:

Código

Consellería

PE

Mar