DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xuño de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Vimianzo (expediente DH.V15.109715).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Derivados del Monte, S.L.

NIF: B18070808.

Expediente: DH.V15.109715.

Lugar: Vilaseco.

Parroquia: Berdoias.

Concello: Vimianzo.

– Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo anual 1: 636 m3/ano.

Punto de vertedura 1: X= 494.373; Y= 4.767.554

Medio receptor 1: infiltración no terreo (bacía do río do Castro).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais xeradas na zona dos depósitos de fuel e gasóleo son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I de 6 l/s antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.

– Tipo de vertedura 2: augas residuais fecais depuradas.

Caudal máximo anual 2: 86,8 m3/ano.

Punto de vertedura 2: X= 494.375; Y= 4.767.568.

Medio receptor 2: infiltración no terreo (bacía do río do Castro).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais fecais xeradas nos aseos son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión deseñada para 8 habitantes equivalentes antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras