DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39527

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 8 de xullo de 2025 polo que se dá publicidade a resolucións da mesma data polas que se convocan concursos públicos para a contratación de persoal docente.

De acordo co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), en diante, LOSU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, este reitorado, en uso das competencias recoñecidas pola LOSU, resolve anunciar a convocatoria do seguinte concurso público:

Referencia: LA2409.

Categoría: listaxes de profesorado substituto.

Número de listaxes: 5.

Referencia: AS2501.

Categoría: profesorado asociado.

Número de prazas: 21.

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/), así como en la página electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrando por tipo: «concursos de profesorado» e empregando como palabras clave a referencia da categoría. Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e, débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente xunto cos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

Vigo, 8 de xullo de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo