DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 15 de xullo de 2025 Páx. 39785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, no procedemento abreviado 156/2025.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Lugo, tramítase o recurso 156/2025 (procedemento abreviado), interposto por Laura Álvarez Rodríguez, contra o anexo II da Resolución do 11 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, e nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador do 061, médico/a de admisión e documentación clínica e odontólogo/a de atención primaria, convocados polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022, e se inicia o prazo para a elección telemática de destino (corrección de erros, DOG núm. 56, do 21.3.2025), na categoría de odontólogo/a de atención primaria.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos