De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servicio Galego de Saúde; polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 do outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVO:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo.
Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos, sito na planta baixa do Hospital Arquitecto Marcide, tamén na páxina web do Servicio Galego de Saúde (www.sergas.es).
Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e dos méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Área Sanitaria de Ferrol, dirixidas ao xerente da área sanitaria, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ferrol, 8 de xullo de 2025
Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Atención Primaria Fontenla Maristany A.
Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no servizo de atención primaria a que opte, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.
Procedemento de provisión: libre designación.
Institución: Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol.
