DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 15 de xullo de 2025 Páx. 39774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Dodro Laíño II (Dodro-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Dodro Laíño II (Dodro-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de reestruturación da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 30 de xuño de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Dodro Laíño II (Dodro-A Coruña)

DNI/nome

Núm. prop.

Acto notificado

Manuela Calvo Viturro

218

RDX 16.6.2025

76488940W

743-3

RDX 16.6.2025

33077157Y

743-4

RDX 16.6.2025

76507073B

743-6

RDX 16.6.2025

45872950W

1081

RDX 16.6.2025