En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Hnos. Gonzamar Automoción, S.L.
NIF: B36303931.
Expediente: DH.V36.109416.
Lugar: A Gándara.
Parroquia: Perdecanai.
Concello: Barro.
– Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais de escorrega depuradas.
Caudal máximo anual 1: 1.603,1 m3/ano.
Punto de vertedura 1: X= 529.764; Y= 4.709.218.
Medio receptor 1: rego de Lourido (bacía do río Umia).
Tratamento/evacuación 1:
As augas residuais industriais de escorrega xeradas na parte norte da zona de almacenamento de vehículos descontaminados son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I, de 15 l/s de capacidade e 8.000 l de volume, antes da súa vertedura á cuneta da estrada N-550, pola que discorren ata a súa incorporación ao rego de Lourido.
– Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais de escorrega depuradas.
Caudal máximo anual 2: 10.618,2 m3/ano.
Punto de vertedura 2: X= 529.764; Y= 4.709.218.
Medio receptor 2: rego de Lourido (bacía do río Umia).
Tratamento/evacuación 2:
As augas residuais industriais de escorrega xeradas no resto das zonas descubertas das instalacións son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I, de 80 l/s de capacidade e 40.000 l de volume, antes da súa vertedura á cuneta da estrada N-550, pola que discorren ata a súa incorporación ao rego de Lourido.
– Tipo de vertedura 3: augas residuais fecais depuradas.
Caudal máximo anual 3: 135,2 m3/ano.
Punto de vertedura 3: X= 529.808; Y= 4.709.005.
Medio receptor 3: infiltración no terreo (bacía do río Umia).
Tratamento/evacuación 3:
As augas residuais fecais xeradas nas instalacións son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión con prefiltro deseñada para 10 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
