De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:
1. Resolución do 26 de xuño de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización, polo sistema de administración, dos traballos de operacións de reprodución de moluscos bivalvos de interese comercial.
– Actividade: realización dos traballos para operacións de reprodución de moluscos bivalvos de interese comercial.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 26 de xuño de 2025 ata o 30 de novembro de 2027.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025, 2026 e 2027, aplicación orzamentaria 16.03.723A.640.1, con código de proxecto 2024 00141, cofinanciado nun 70 % con fondos FEMPA.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
