Asunto: Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da ampliación do parque empresarial de Camba en Xove.
Concello: Xove (Lugo).
Promotora: Xestión do Solo de Galicia, S.A.
En cumprimento do establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da ampliación do parque empresarial de Camba a información pública durante o prazo de vinte días hábiles.
Antecedentes:
Primeiro. O Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (en diante, PSOAEG), aprobado mediante Acordo do Consello da Xunta do 30.4.2014 (DOG núm. 101, do 28 de maio) recoñece o parque empresarial de Camba existente en funcionamento e inclúe como actuación delimitada a ampliación do parque empresarial de Camba, código de actuación 27025012.
Segundo. En desenvolvemento das previsións do PSOAEG, Xestión do Solo de Galicia, S.A. (en diante, Xestur) promove a elaboración dun Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (en diante, PEOSE) para o desenvolvemento do ámbito previsto no PSOAEG.
Terceiro. Con data do 9.7.2024 Xestur presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia o borrador do PEOSE xunto co documento ambiental estratéxico para comezar a tramitación. Con data do 23.7.2024 desde a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial solicítase o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica ao órgano ambiental.
Cuarto. Con data do 17.10.2024 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emitiu o informe ambiental estratéxico do PEOSE da ampliación do parque empresarial de Camba, no concello de Xove.
Quinto. Con data do 3.7.2025 Xestur presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia o PEOSE para aprobación inicial dirixido á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Sexto. Mediante a Resolución do 7 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, acórdase aprobar inicialmente o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da ampliación do parque empresarial de Camba, para os efectos establecidos na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.
O que se fai público, de conformidade co artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.
A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial Durante o prazo de información pública as distintas administracións e entidades públicas e privadas, e calquera persoa interesada, poderán achegar cantas observacións e suxestións consideren convenientes ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
En Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
