Mediante a Resolución do 24 de setembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 194, do 8 de outubro), convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura de servizo de Medicina Intensiva.
En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle o posto de xefatura de servizo de Medicina Intensiva na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, convocado neste procedemento, ao aspirante seleccionado que consta no anexo.
Segundo. O aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde; no prazo de sete días hábiles se son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderá prorrogalos o órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, polo que se percibirán os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Terceiro. O aspirante seleccionado obterá un nomeamento para desempeñar o posto durante un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o profesional seleccionado será avaliado para os efectos da súa prórroga por idéntico período ou remoción. Neste último caso, daráselle previamente audiencia ao interesado.
Cuarto. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 9 de xullo de 2025
José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Adxudicación da praza
|
Apelidos e nome |
DNI |
Prazas |
Denominación |
Centro |
|
Martínez Melgar, José Luis |
***0124** |
1 |
Xefatura de servizo de Medicina Intensiva |
Área Sanitaria de Pontevedra y O Salnés |
(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI/NIE/pasaporte/outros para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
