DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 17 de xullo de 2025 Páx. 40287

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a tres encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para seren executadas durante os anos 2025, 2026 e 2027.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas, coas seguintes características:

1. Resolución do 1 de maio de 2025, da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización polo sistema de administración dun servizo de asistencia técnica para o deseño e implantación operativa da oficina técnica da Estratexia de economía azul de Galicia.

– Actividade: establecer unha Oficina Técnica da Estratexia da economía azul de Galicia, xestionada polo Cetmar e localizada na súa sede, que permita facer seguimento da evolución da Estratexia, crear as estruturas de gobernanza e diálogo que o faciliten e propiciar a comunicación cara á sociedade da súa evolución.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de maio de 2025 ata o 30 de decembro de 2027.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025, 2026 e 2027, na aplicación orzamentaria 16.01.721A.640.2, código de proxecto 2016 00324.

2. Resolución do 10 de xuño de 2025, da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) o establecemento dunhas liñas de traballo e comunicación das actividades da Consellería do Mar en Bruxelas e o seguimento das políticas da pesca, o FEMPA e outros fondos europeos.

– Actividade: describir os traballos para establecer unhas liñas de comunicación e para facer seguimento de todas as políticas que afectan a pesca desde Bruxelas, de cara a promover a defensa dos intereses do sector pesqueiro galego na Unión Europea.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 10 de xuño de 2025 ata o 15 de decembro de 2027.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025, 2026 e 2027, na aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1, código de proxecto 2023 00193.

3. Resolución do 13 de xuño de 2025, da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a revisión dos devanditos plans.

– Actividade: a revisión e a avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a revisión dos devanditos plans de cara á avaliación das porcentaxes máximas de intensidade de axuda específicos no ámbito do FEMPA, edición 2025.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 13 de xuño de 2025 ata o 30 de novembro de 2025.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, na aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1, código de proxecto 2023 00193.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar