Na sesión que tivo lugar o 10 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio de 2025 (DOG núm. 90, do 13 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 11 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1 da resolución de convocatoria, superaron a proba tipo test as persoas aspirantes que obtiveron a cualificación de apto. Para estes efectos, nos criterios de superación da proba aprobados polo tribunal no Acordo do 16 de xuño de 2025 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que terían a cualificación de apto as persoas aspirantes que acadasen corenta (40) respostas correctas, tendo en conta que as respostas incorrectas descontan un cuarto de pregunta correcta e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
Segundo. Feita a corrección na sesión do 10 de xullo de 2025, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso selectivo que se cita, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/promocion-especifica/convocatoria-exames
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.12 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal
