De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución do expediente de cancelación individual. A eficacia do emprazamento queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas. Para isto, teñen á súa disposición os expedientes relacionados no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
A Coruña, 2 de xullo de 2025
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-2020/00335 |
Y6149155G |
