DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 17 de xullo de 2025 Páx. 40351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 7 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS403B-2024-00004957 e catro máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas no procedemento, de conformidade co establecido na Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia número 8, do 11 de xaneiro de 2024.

A través deste anuncio, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e terán á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da consellería con competencias en materia de política social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO
Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Número de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2024-00004957

Y8604626H

Resolución do 14.5.2025

BS403B-2024-00003240

L328709

Resolución do 19.5.2025

BS403B-2024-00012893

X9626793M

Resolución do 24.2.2025

BS403B-2024-00005289

123351500

Resolución do 19.5.2025

BS403B-2024-00001542

AS109959

Resolución do 19.5.2025