De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser realizada no BOE, e será a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo de Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 4 de xullo de 2025
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
DNI |
Acto de notificación |
|
INC-CO-0071-2025 LSA |
Z2435805H |
Proposta de resolución |
|
INC-CO-0071-2025 LSA |
Z2435602E |
Proposta de resolución |
