A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 148/2025, contra a Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 242, do 17 de decembro) pola que se convocan para a elección de destino provisional, e contra a Resolución do 14 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 214, do 22 de xaneiro) pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado mediante a Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro).
O recurso interponse exclusivamente contra o carácter provisional do destino adxudicado.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala, no prazo de nove días contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
