En sesión que tivo lugar o 10 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 2 de maio de 2025 (DOG núm. 85, do 6 de maio), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade coa base II.1.2.6 da convocatoria, convocar para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro).
Segundo. O segundo exercicio de oposición terá lugar o día 18 de setembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
Terceiro. As persoas aspirantes, de conformidade coa base II.1.2.2, deberán ir provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Tamén deberán ir provistas dun bolígrafo de tinta azul.
Cuarto. Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
José Manuel González González
Presidente do tribunal
