Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e de declaración da utilidade pública do proxecto para a regulamentación da LMTA TTL811 entre os apoios núm. 283-A-6 e núm. 283-A-8, no concello de Folgoso do Courel, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 4 de xullo de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LMTA TTL811
entre os apoios núm. 283-A-6 e núm. 283-A-8
Concello: Folgoso do Courel (Lugo).
Expediente: IN407A 2024/83-2.
|
Núm. predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
Apoio (núm.) |
Apoio (m2) |
Sup. (m2) |
|
1 |
8 |
459 |
Soutullo |
Monte alto |
Descoñecido |
283-A-7 |
1 |
2 |
