De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025
Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
ANEXO
|
Expediente |
Nome |
Acto obxecto de notificación |
|
2025/000014 |
Carmen De Miguel Conde |
Resolución de solicitude de recoñecemento como persoa interesada |
|
2024/004074 |
Marina Fernández Paredes |
Resolución de solicitude de recoñecemento como persoa interesada |
|
2024/000024 |
Víctor José Ezara Trillo |
Resolución de solicitude de recoñecemento como persoa interesada |
