Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 6 de xuño de 2025 (DOG núm. 113, do 16 de xuño), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 26 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, anunciada pola Orde do 6 de xuño de 2025 (DOG núm. 113, do 16 de xuño).
Segundo. Adxudicar destino nos postos de traballo que se indican e seleccionar os/as funcionarios/as que se relacionan no anexo desta orde, conforme o establecido nas bases da convocatoria.
Terceiro. O cesamento no destino actual dos/das funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG núm. 219, do 15 de novembro)
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral da Presidencia
ANEXO
Apelidos e nome: Carballo Neira, Marta.
DNI: ***1004**.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.
Denominación do posto: Xefatura de Gabinete da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.
Código: PX.699.10.001.15001.005.
Nivel: 30.
Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, Gabinete de Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.
Localidade: A Coruña.
Apelidos e nome: Otero López, Lorena.
DNI: ***1211**.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.
Denominación do posto: letrado/a especialista de sala.
Código: PX.699.10.001.15001.006.
Nivel: 30.
Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, Gabinete de Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.
Localidade: A Coruña.
Apelidos e nome: Pérez Máiz, Miguel.
DNI: ***1871**.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.
Denominación do posto: letrado/a especialista de sala.
Código: PX.699.10.001.15001.007.
Nivel: 30.
Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, Gabinete de Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.
Localidade: A Coruña.
Apelidos e nome: Abuín Flores, Carlos.
DNI: ***3213**.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.
Denominación do posto: letrado/a especialista de sala.
Código: PX.699.10.001.15001.008.
Nivel: 30.
Dependencia: Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, Gabinete de Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.
Localidade: A Coruña.
*Os DNI amósanse cifrados co fin de protexer os datos de carácter persoal.
