DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 21 de xullo de 2025 Páx. 40801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Barbadás (expediente 2024AAE2880).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 3 de xullo de 2025 sobre a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Barbadás.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2880).

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade