O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
As seguintes solicitudes de inclusión de dúas formacións e unha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:
Rexistro de entrada: 2025/1549419.
Data: 2.6.2025.
Solicitante: Ramón Díaz Fariña.
Especie: Cedrus libani, C. atlantica, C. deodara.
Tipo: formación.
Localidade: Ourense.
Concello: Ourense.
Provincia: Ourense.
Rexistro de entrada: 2025/1660087.
Data: 11.6.2025.
Solicitante: Fundación Bieito Ledo.
Especie: Quercus robur L.
Tipo: árbore.
Localidade: Padroso.
Concello: Xunqueira de Ambía.
Provincia: Ourense.
Rexistro de entrada: 2025/1831858.
Data: 27.6.2025.
Solicitante: Daría Feliz García.
Especie: Castanea sativa Mill.
Tipo: formación.
Localidade: Candeda.
Concello: A Veiga.
Provincia: Ourense.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, avenida de La Habana, 79, 5º, 32071 Ourense.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
