BDNS (Identif.): 833033.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/833033
Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario
Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG núm. 95, do 20 de maio), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria, que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025:
14.02.322C.472.0, código de proxecto 2025 00120, na contía de 468.881,74 €.
Segundo. Prazo de presentación de solicitudes
Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para presentar as solicitudes.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
