DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 23 de xullo de 2025 Páx. 41269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento dos expedientes de axudas forestais que derivan das ordes de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e das axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo I e anexo II a resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento das subvencións que derivan das ordes de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e das axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

Os expedientes que se relacionan no anexo I corresponden a persoas beneficiarias de axudas para o fomento da primeira forestación de terras agrícolas.

Os expedientes que se relacionan no anexo II corresponden a persoas beneficiarias de axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

O artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 33.1.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvención de Galicia, regula como causa de reintegro o «Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención».

Polo que respecta ás axudas para o fomento da primeira forestación, as diversas ordes de convocatoria prevén como causa o incumprimento da actividade ou obxectivo, da seguinte forma:

– O artigo 14.1.f) das ordes do 11 de xuño de 2007 e do 28 de xaneiro de 2008 e o artigo 4.1 da Orde do 26 de febreiro de 2009: «Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigacións por parte do beneficiario».

– O artigo 14.1.i) da Orde do 17 de xuño de 2011 e artigo 20.1.i) das ordes do 10 de setembro de 2013 e do 21 de xullo de 2014: «i) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención».

Polo que respecta ás axudas para o fomento das frondosas caducifolias, as diversas ordes de convocatoria prevén como causa o incumprimento da actividade ou obxectivo, da seguinte forma:

– O artigo 15.1.f) da Orde do 9 de maio de 2007 e da Orde do 30 de xaneiro de 2008 e o artigo 4.1 da Orde do 20 de febreiro de 2009: «Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigacións por parte do beneficiario».

A competencia para iniciar e resolver este procedemento corresponde á persoa titular da Consellería do Medio Rural, segundo o disposto nos artigos 7 e 37 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei, e conforme as competencias atribuídas á Consellería do Medio Rural polo Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural. Esta competencia delégase no secretario xeral técnico, de acordo co que prevé o artigo 1.quinto da Orde do 17 de novembro de 2015 de delegación de competencias en diversos órganos desta consellería (DOG núm. 223, do 23 de novembro).

Esta resolución, consonte o que prevé o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, e fáiselles saber que esgota a vía administrativa e que, contra ela, poderá interpoñerse, potestativamente, o recurso de reposición perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO I

Expedientes de axudas para o fomento da primeira forestación

NIF

Expediente

NIF

Expediente

12125603A

11270240/2007

76365075S

11150157/2008

32330342R

11270026/2007

76786018N

11360137/2008

32753023B

11150120/2007

76790492R

11360105/2008

33042537R

11150275/2007

E27256932

11270193/2008

33152593W

11150190/2007

E32260622

11320068/2008

33217775W

11150025/2007

V27362086

11270214/2008

33548142C

11270091/2007

V27376680

11270316/2008

33722497N

11270001/2007

V36146157

11360039/2008

33726576C

11270132/2007

V36308609

11360040/2008

33742766H

11270059/2007

33067123T

11150191/2009

33761200Y

11270090/2007

33655317S

11270245/2009

33791759K

11270294/2007

33722100Y

11270199/2009

33847548N

11270254/2007

33820659X

11270024/2009

33854185W

11270022/2007

35161687T

11360107/2009

34176043K

11270071/2007

35192651Y

11360110/2009

34177603V

11320055/2007

76280214R

11150236/2009

34230354Y

11270296/2007

V27253772

11270157/2009

34258818L

11270070/2007

V32233256

11320139/2009

34265964N

11270063/2007

V36154441

11360022/2009

76365075S

11150036/2007

33723090F

11270136/2011

76561046A

11270046/2007

33723304Z

11270192/2011

E15313836

11150229/2007

33724746F

11270191/2011

E27256932

11270325/2007

76503556J

11150019/2011

E32241028

11320080/2007

76519307D

11150083/2011

V36101210

11360079/2007

76523877W

11270187/2011

V36188878

11360109/2007

E27308568

11270120/2011

13049562Y

11360135/2008

E32207961

11320180/2011

32192504W

11150107/2008

G27425701

11270143/2011

32351636C

11150192/2008

G27425750

11270110/2011

32446353T

11150104/2008

V32227720

11320092/2011

32680468K

11270083/2008

V36255164

11360015/2011

33308361Z

11270360/2008

V32155962

11320110/2011

33349518R

11270136/2008

E32170805

11320121/2013

33750190J

11270349/2008

V27111012

11270038/2013

33794321F

11270108/2008

V32272031

11320001/2013

33800761F

11270125/2008

P3203900J

11320058/2014

36063439Z

11320063/2008

V32213639

11320070/2014

46905515M

11150110/2008

V32444242

11320116/2014

ANEXO II

Beneficiarios/as das axudas para o fomento de frondosas caducifolias

NIF

Expediente

NIF

Expediente

46104421R

12270114/2007

V36122158

12360008/2008

76366969T

12150056/2007

V36129252

12360007/2008

V36060226

12360105/2007

V36163541

12360026/2008

V36111730

12360182/2007

V36337681

12360132/2008

V36132371

12360093/2007

V36340792

12360055/2008

V36219343

12360103/2007

V36579027

12360036/2008

V36532828

12360025/2007

76473000R

12150085/2008

V36796506

12360115/2007

32397014L

12270059/2009

33723562L

12270094/2007

33152702L

12150093/2009

11409436X

12270099/2007

33299237K

12150100/2009

32292915H

12150097/2007

33774900K

12270131/2009

34248893F

12270166/2007

34460173D

12320036/2009

34595952L

12320091/2007

34941761T

12320033/2009

34666184D

12320032/2007

35130183Y

12360094/2009

34906592K

12320024/2007

35205524E

12360095/2009

34948198C

12320011/2007

36078210L

12360110/2009

76676648F

12320111/2007

47379679R

12150107/2009

76746208S

12320022/2007

76479932X

12150113/2009

14911088G

12320069/2008

76500687L

12150042/2009

32149919J

12270096/2008

78788844K

12150109/2009

32680468K

11270083/2008

E15103732

12150009/2009

32792622G

12150166/2008

E15231889

12150054/2009

33285217P

12150109/2008

E15250947

12150065/2009

33289762E

12150045/2008

E32202244

12320053/2009

34136935J

12270174/2008

E32244162

12320046/2009

34245258Y

12270002/2008

G15810419

12150045/2009

35130183Y

12360081/2008

G36103828

12360077/2009

35213770B

12360105/2008

V15282122

12150024/2009

35417845F

12360077/2008

V15420938

12150073/2009

50689088D

12360140/2008

V15654841

12150122/2009

52435712J

12150149/2008

V27263995

12270114/2009

76295044L

12150025/2008

V32154254

12320016/2009

76297947R

12150096/2008

V32244386

12320054/2009

76852519C

12360071/2008

V36052603

12360052/2009

E32269425

12320034/2008

V36101210

12360005/2009

E36049559

12360009/2008

V36106904

12360014/2009

V32182982

12320042/2008

V36163541

12360134/2009

V32252595

12320016/2008

V36295608

12360037/2009

V36101939

12360030/2008

34873366F

12360129/2009

V36109742

12360056/2008