DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 23 de xullo de 2025 Páx. 41260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convoca a interesada ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e novo CT Quintáns, no concello da Estrada.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócase a persoa interesada no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e novo CT Quintáns, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre os bens afectados por si mesma ou representada por unha persoa debidamente autorizada, e amosará o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 7 de xullo de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/295-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA e novo CT Quintáns.

Concello: A Estrada.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

2

Polígono-parcela 7-1379

Codeseda

Mª Carsilda Purificación Rodríguez Ulla

4 de setembro de 2025

12.00