No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 131, do 11 de xullo de 2025, publicáronse as convocatorias e o texto íntegro das bases que rexerán a convocatoria e o proceso selectivo para a cobertura das seguintes prazas, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2022 e 2023:
Unha praza de operario/a de servizos múltiples, persoal laboral fixo, polo sistema de oposición, en quenda libre.
Unha praza de peón/peoa do Servizo de Augas, persoal laboral fixo, polo sistema de oposición, en quenda libre.
Unha praza de arquitecto/a técnico/a, persoal funcionario de carreira, escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2, polo sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Malpica de Bergantiños, 14 de xullo de 2025
Eduardo J. Parga Veiga
Alcalde
