DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41387

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade máquinas e produción, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade máquinas e produción, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 27 de xuño de 2025 (DOG núm. 128, do 7 de xullo), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade máquinas e produción, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Observacións

1

***5530**

Rodríguez Conde, Begoña

1

PEC994030115720020

Mestre/a taller-espec. máquinas e produción

PE

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Servizos periféricos

Ribeira

A2

24

Horario especial

2

***5711**

Rodríguez Arenas, María Jesús

2

PEC994030136560045

Mestre/a taller-espec. máquinas e produción

PE

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A2

24

Horario especial

3

***9329**

Atán Jurjo, Mónica Manuela

3

PEC994030136560060

Mestre/a taller-espec. máquinas e produción

PE

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A2

24

Horario especial

4

***8875**

Guerreiro Polo, Natalia María

4

PEC994030115350021

Mestre/a taller-espec. máquinas e produción

PE

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A2

24

Horario especial

5

***2228**

Alfaro Gómez, María Antonia

5

PEC994030136560057

Mestre/a taller - espec. máquinas e produción

PE

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A2

24

Horario especial

6

***3559**

Amboage Oro, Silvia

7

PEC994030115720016

Mestre/a taller - espec. máquinas e produción

PE

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Servizos periféricos

Ribeira

A2

24

Horario especial

7

***5465**

Muñiz Fernández, Francisco José

6

PEC994030136560052

Mestre/a taller - espec. máquinas e produción

PE

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

A2

24

Horario especial