DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 1 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS626F (expediente 15005004025R e catro máis) e BS618D (expediente 15057000925E e sete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer, para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, e advírteselles que, de non o facer, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter realizado a emenda, se considerarán desistidas das súas solicitudes, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 1 de xullo de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Nº expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15005004025R

47360255N

Requirimento de emenda da solicitude

22.5.2025

15058000825R

47438764E

Requirimento de emenda da solicitude

6.5.2025

15050000125R

45960959J

Requirimento de emenda da solicitude

27.5.2025

15019002325R

16012488A

Requirimento de emenda da solicitude

5.6.2025

15036003325R

32724117Q

Requirimento de emenda da solicitude

23.5.2025

ANEXO II

Procedemento BS618D

Nº expediente

DNI/NIE/ID

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15057000925E

729910707A

Requirimento de emenda da solicitude

14.5.2025

15078006525E

182607756

Requirimento de emenda da solicitude

22.5.2025

15030007925E

799901021Y

Requirimento de emenda da solicitude

7.5.2025

15078006125E

BA784594

Requirimento de emenda da solicitude

14.5.2025

15054000225E

Z2131406R

Requirimento de emenda da solicitude

2.5.2025

15030010425E

849920318F

Requirimento de emenda da solicitude

27.5.2025

15078028424E

Z2603345A

Requirimento de emenda da solicitude

6.3.2025

15073002025E

52456049H

Requirimento de emenda da solicitude

22.5.2025