De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes. Advírtese que, de non o faceren, se entenderá practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer, persoal ou debidamente representadas, no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, núm. 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen teren presentado a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A Coruña, 1 de xullo de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS626F
|
Núm. de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
15030037521R |
Y8251932Y |
Requirimento de documentación |
7.5.2025 |
|
15030055623R |
Y8590764W |
Requirimento de documentación |
26.5.2025 |
|
15058000325R |
47357771N |
Requirimento de documentación |
3.6.2025 |
|
15030030924R |
Z1728164H |
Requirimento de documentación |
10.6.2025 |
