DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Sanxenxo (expediente DH.A36.106994).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ana Belén Varela Otero.

Expediente: DH.A36.106994.

Volume total anual: 461,37 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,30 l/s.

Destino: rega.

Orixe: pozo na parc. 395, pol. 12 do catastro de Sanxenxo.

Lugar: Fabal.

Parroquia: Adina.

Concello: Sanxenxo.

Descrición:

A auga cáptase mediante un pozo de barrena e bombéase soterrada baixo a parcela 394, pol. 12 e estrada ata a parcela 424, pol. 12, onde se emprega para rega.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 13 de maio de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur