De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 14 de xullo de 2025 do proxecto de urbanización do ámbito do plan parcial do solo urbanizable delimitado industrial 06 Veigadaña, no concello de Mos (Pontevedra), promovido por Meifus Inbest, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
