Mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG número 32, do 14 de febreiro), convocáronse procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesorado de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional, e o procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. A base vixésima desta orde establece que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.
Pola súa banda, na Orde do 29 de xullo de 2024 publícase a relación do persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e o procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 14 de febreiro).
Así mesmo, mediante a Orde do 2 de agosto de 2024 noméanse como persoal funcionario en prácticas dos corpos de inspectores de educación, do corpo de profesorado de ensino secundario, do corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, do corpo de profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional e do corpo de mestres (código de procedemento ED001A) as persoas aspirantes aos devanditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 29 de xullo de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 23 de xullo) pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos de acceso e ingreso convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG do 14 de febreiro), coa excepción das persoas que teñen concedido un aprazamento da fase de prácticas para o curso académico 2024/25 e que se indican no anexo desta orde.
Mediante unha resolución da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, declarouse que Elsa Pidre Carballa, DNI ***0931**, superou a fase de concurso-oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, especialidade de Violonchelo, convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, e foi nomeada funcionaria en prácticas o día 1.7.2023.
Mediante unha resolución da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, declarouse que Manuel Horacio Portalés Argüelles, DNI ***6632**, superou a fase de concurso-oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, especialidade de Deseño Gráfico, convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, e foi nomeado funcionario en prácticas o día 9.7.2024.
Mediante unha resolución da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, declarouse que Manuel María Veiga Lombardía, DNI ***5030**, superou a fase de concurso-oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de profesores de Música e Artes Escénicas, especialidade de Fundamentos de Composición, convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, e foi nomeado funcionario en prácticas o día 1.9.2024.
Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
DISPÓN:
Primeiro. Declarar apto na fase de prácticas o persoal que superou os procedementos selectivos convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 14 de febreiro) que se relaciona na Orde do 2 de agosto de 2024 pola que se nomean como persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesorado de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional, e o procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 14 de febreiro), coa excepción das persoas que se indican no anexo desta orde.
Segundo. Declarar aptos na fase de prácticas a Elsa Pidre Carballa, DNI ***0931**, especialidade Violonchelo; a Manuel Horacio Portalés Argüelles, DNI ***6632**, especialidade Deseño Gráfico; e Manuel María Veiga Lombardía, DNI ***5030**, especialidade Deseño Gráfico, os cales superaron o procedemento selectivo de ingreso convocado mediante a Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro).
Terceiro. Contra esta orde, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO
Relación de persoas que non superaron a fase de prácticas:
a) Por ter concedido un aprazamento:
|
DNI/NIE |
Nome e apelidos |
Corpo |
Especialidade |
|
***4255** |
Lara María Edreira García |
Profesorado de ensino secundario |
Inglés |
b) Por non poder ser avaliadas:
|
DNI/NIE |
Nome e apelidos |
Corpo |
Especialidade |
|
***4500** |
Tania Capón González |
Mestres |
Música |
c) Por obter a cualificación de non aptas:
|
DNI/NIE |
Nome e apelidos |
Corpo |
Especialidade |
|
***1772** |
Silvia María Mira Reymúndez |
Profesorado de ensino secundario |
Procesos de produción agraria |
|
***1053** |
María Cristina Gómez Álvarez |
Profesorado de ensino secundario |
Procesos da xestión administrativa |
|
***8746** |
Andrés González Fariñas |
Profesorado de ensino secundario |
Instalacións electrotécnicas |
|
***7737** |
Aida Argibay Montes |
Profesorado de ensino secundario |
Debuxo |
|
***9361** |
Laura González Nieto |
Profesorado de ensino secundario |
Tecnoloxía |
|
***8762** |
Ángela Bernárdez Castro |
Mestres |
Educación Primaria |
